25 feb. 2011

AIMC acaba de publicar os resultados da 13ª Enquisa a Usuarios de Internet




Un ano máis a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) acaba de publicar o resultado da súa Enquisa Anual de Usuarios de Internet.

Estes datos son de grande interese para nós, os mestres e mestras do Século XXI, xa que nos dan información moi válida e fiable do tipo de usos que fan os rapaces e rapazas da rede, os seus hábitos, o tempo que pasan ao día conectados,...

Como non podía ser de outro xeito, a utilización de internet pola poboación é cada vez maior, dato que reforza a idea que defendemos neste blogue de que as TIC non son o futuro, senon o presente, e que a escola debe incluílas de xeito natural na súa práctica diaria para que o sistema educativo deixe saia, de unha vez por todas, do Século XX.

Resumindo, as conclusións máis destacables ás que chega o estudo son as seguintes:
- O custo de internet valórase como o principal problema que atopan hoxe en día os navegantes españois. Cousa que non nos colle de sorpresa si comparamos a calidade de conexión e o prezo da mesma que temos no nóso país con respecto aos nósos veciños europeos.
- Un 60,3% dos internautas conéctanse, diariamente e dende diferentes dispositivos, a algunha rede social. Isto reflicte o auxe tan grande deste tipo de plataformas, feito que pode ser aproveitado pola escola para incluílas como plataformas de aprendizaxe tal e como sinala Juan José de Haro no seu libro: "Redes sociales para la educación".
- Por cuarto ano consecutivo a utilización das redes de intercambio de arquivos (P2P) descende.
- Os internautas prefiren informarse a través da rede, no lugar do uso da TV, Radio ou Xornais escritos.
- A velocidade de conexión segue aumentando, aínda que, como sinalamos anteriormente, está moi por debaixo dos países da "zona euro".
- Os navegantes prefiren pagar a súas compras a través da rede con tarxeta de crédito. Isto amosa unha maior confianza no uso de internet que en anos anteriores.
- A utilización de navegadores vese diversificada. Atrás queda a supremacía de Internet Explorer como medio para conectarse á rede, grazas á aparición de outro tipo de navegadores moito máis rápidos, e que ademáis cumpren cos protocolos establecidos: Mozilla, Chrome, Safari,..

Todo isto da que pensar, a que si?. Si queredes consultar os datos completos do estudo, aquí vos deixo a ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario