7 feb. 2011

ENCONTROS: A Web 2.0. O Triunfo da interactividade.


Hoxe comezaron en A Coruña (Salón de Actos da UNED), os encontros sobre web 2.0 que nesta ocasión contarán coa participación de: Jordi Adell, Ignacio Menéndez, Manuel Area e Carlos de Paz.
Na xornada desta tarde puidemos disfrutar, un ano máis, dos coñecementos dun dos grandes en materia de TICs a nivel nacional: Jordi Adell (profesor na Universidade Jaume I).
Despois da súa charla de máis de dúas horas, pero que semellaron vinte minutos polo xeito tan ameno que ten de comunicar, rematou con un par de ideas que merecen a nosa atención:

- "O desafío educativo do século XXI é educar a unha xeración diferente que vivirá nun mundo cambiante".
- "Necesitamos centros educativos e profesores da sociedade da información".
- "A clave son os profesores, non os ordenadores".
- "Os centros educativos non son illas, son nodos dunha rede".
- "O meu claustro é o Mundo"

O vindeiro luns, acompañaranos Ignacio Menéndez, profesor de Educación Secundaria que leva varios cursos traballando coas "redes sociais" dentro da aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario