11 mar. 2011

A necesidade de educar en materia de TICs


Esta semana atopeime cunha nova que me fixo pensar: "Facebook está sendo utilizado como proba en divorcios.". Non, non se trata de un caso illado, en EEUU ao redor do 25% dos divorcios teñen como proba fundamental cousas colgadas nesta rede social.

Esto quere dicir que as Redes Sociais son malas? Por suposto que non. As redes sociais non son nin boas nin malas, o que é bo ou malo é o uso que se lle da a este tipo de ferramentas. O que non podemos e negar a existencia de algo tan estendido como as Redes Sociais. Facebook, sin ir máis lonxe chega xa aos 649 millóns de usuarios.

Que nos di todo isto? Pois que a educación en materia de TICs faise, agora mesmo, imprescindible. Moita xente non comprende que todos/as os que estamos inmersos en internet temos unha "identidade virtual" ademáis da nosa identidade real, e que tan importante é unha como a outra. Si na nosa vida real non imos contando todas as nósas intimidades pola rua, ¿por que o facemos en internet?

Si esto sucede con xente "adulta" que invirte relativamente pouco tempo ao día neste tipo de redes e que, ademáis, se lle presupón unha certa madurez, ¿que pasará cos nósos pequenos/as?. Eles/as pasan moitas horas ao día conectados e, ademáis, moitas veces non son conscientes da repercusión que poden ter os seus comentarios, links, fotos ou vídeos.

Esta é outra das razóns que apoian a idea de que a educación en materia de TICs é imprescidible para formar cidadáns do Século XXI, propietarios dunha identidade real, pero tamén dunha "identidade virtual".

Artigo do Diario "Público".
Artigo do Diario "El Mundo".

1 comentario:

  1. Está claro que poca gente es consciente de la repercusión que puede tener publicar algo en internet.

    Por eso es tan importante trabajar el concepto y su uso desde que los niños y niñas son pequeños. A la gente adulta de hoy en día, que como tú dices: "se presupone madura", se le ha quedado un poco grande todo este mundo.

    Muy buen artículo, compi. Estoy totalmente de acuerdo contigo.

    ResponderEliminar