29 mar. 2011

Software Libre en Educación

Hai poucos días o CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en fuentes abiertas), publicou un decálogo das razóns polas que se debe apostar por un software de código aberto (ou libre). Aínda que está centrado no mundo empresarial, non no educativo, penso que podemos extraer varios aspectos interesantes para a nosa realidade:

- Permite aforrar na adquisición, mantemento e renovación das tecnoloxías.
- O uso do software libre favorece a independencia tecnolóxic.
- O software libre é unha tecnoloxía de fácil acceso. 
- O software libre é unha tecnoloxía 100% legal.
- Fomenta a creación de un modelo productivo máis colaborativo baseado na colaboración.

Si queres acceder ao decálogo completo, fai clic aquí.
 
Este debate non é nada novo, dende hai uns anos a discusión entre o uso de software libre e o software de código pechado (ou de autor) está moi presente. Todo isto pode ter certo grao de razón en determinados colectivos profesionais que basean toda a súa labor en determinados programas que son capaces de facer determinadas cousas que outros non dan feito.

Nembargantes en educación toda esta polémica debería de estar rematada xa hai tempo por varias razóns, como se pode apreciar na seguinte presentación:





No hay comentarios:

Publicar un comentario