27 mar. 2011

Twitter está de cumpreanos!!


Cinco anos van xa dende que Jack Dorsey (creador de Twitter) escribira o seu primeiro twit. Dende esa o mundo a comunicación sufriu cambios importates, en parte grazas ás redes sociais de microblogging.

- O acceso á información é practicamente instantáneo: en cuestión de minutos, un acontecemento sucedido nunha parte do planeta e coñecido por todo o mundo. A información transmítese de xeito 'vírico' grazas ao sistema de seguidores de twitter.

- As 'celebridades' están máis preto que nunca: hoxe en día podemos manter conversacións a través do twitter, e outras redes sociais, coas personaxes que antes só podíamos ver na televisión, nas revistas ou nos xornais.

- Persoas anónimas convertidas en líderes: twitter afianzouse coma un dos escaparates máis grandes do mundo. Persoas de tódalas nacionalidades atopan neste tipo de redes un 'auditorio' onde amosar os seus traballos, ideas e pensamentos,..., moito máis grande do que poderían soñar no mundo real.

- Revolucion para o mundo da radio e da televisión: hoxe en día son poucos os programas de radio ou
televisión que non interactuen, en directo, cos seus seguidores. Esto xa pasaba con uso do teléfono pero... agora son miles os espectadores que participan cando antes, so uns poucos afortunados eran convidados á 'festa'.

- Elimínase a parafernaria: a limitación de 140 caracteres que puxo twitter nos seus posts, ao contrario do que moita xente podería pensar, non é algo negativo xa que, cada vez que escribimos algo, pensamos ben o xeito de decilo para ir ao 'meollo da cuestión'.


Máis información: CNN México

No hay comentarios:

Publicar un comentario