9 abr. 2011

TICHING: Será o futuro?

Acabo de atopar isto pola Internet e, a verdade e que ten moi boa pinta, polo menos o vídeo promocional explicativo. Agora... unha cousa é o que prometan e outra a realidade á hora de traballar con eles.

Trátase de unha plataforma que "promete" organizar todos os contidos educativos existentes na rede en base ao sistema educativo de cada país, nivel do alumnado, área de coñecemento,... Se isto é certo, será un perfecto buscador de contidos educativos xa que, por mor da inmensa cantidade de información que se reproduce de forma exponencial día a día, moitas veces perdemos máis tempo á hora de seleccionar a que precisamos para os nosos traballos que na realización das actividades en sí.

En principio non sinalan si é gratuíto ou de pago, si o sistema de obtención de contidos é un "quo por quo" ou estará libre para calquera aínda que non comparta contidos,... O único que sabemos é que para entrar en ela hai que solicitar un convite deixándolles o teu correo,..., eu xa o fixen, por suposto.

Aquí vos deixo o seu vídeo promocional para que cada un saque as súas propias conclusións:


Xa me esquecía, para acceder á súa web oficial podedes facer clic aquí.
Por certo, que xa deixei un par de "globos sonda" nas miñas redes para ver se algué sabe algo máis, estade alerta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario