9 jun. 2011

Tecnoestrés

A introdución das novas tecnoloxías na nosa vida cotiá, está pensada para facilitarnos algunhas tarefas, para facernos máis agradable o noso tempo de lecer e para posibilitar unha comunicación sen barreiras, sen froteiras...

Todos estos son aspectos positivos das TIC, aspectos que debemos traballar e fomentar nas nosas aulas, dando así un paso máis alá da mera aprendizaxe de procesadores de textos ou follas de cálculo.

Nembargantes, toda esta revolución tecnolóxia trae consigo unha cara non tan positiva. A cara oculta desta inmersión da tecnoloxía nos nósos fogares sae á luz en forma de síndromes coma: o Tecnoestrés, Adicción Tecnolóxica, Insomnio Adolescente,..., coñecidos por: "As enfermidades do séulo XXI".



Como xa comentamos neste blogue, os ordenadores, os teléfonos, as cámaras,..., non son nin bos nin malos, todo dependerá do uso que fagamos deles. De aí que dende a escola debemos ensinar aos nosos rapaces e rapazas un uso axeitado das novas tecnoloxías, presentarlle aqueles problemas que aparecen co abuso das mesmas, e amosarlle diferentes alternativas de ocupación do seu tempo libre lonxe dos aparellos electrónicos. E isto, aínda que o semelle, non é botar pedras contra o noso tellado, isto é educar no Século XXI.

Para os xa non tan nenos, José María Martínez Selva, no seu libro "Tecno-estrés" fálanos das "sestas dixitais" para evitar ou reducir esta adición ás novas tecnoloxías. As "sestas dixitais" non son máis que pasar determinados momentos á semana lonxe das novas tecnoloxías (sempre que o noso traballo o permita). Un par de horas ao día, ou un fin de semana facendo algunha práctica deportiva, algunha actividade creativa,..., lectura, música, actividades con amigos/as,..., fannos deixar por un momento o mundo dixital (0110100111001) e desfrutar da "vida real".

Máis info: Diario ADN


No hay comentarios:

Publicar un comentario