17 sept. 2011

Controlar o tempo "na nube"

Imaxen por CyberHades

O tempo pasa a outra velocidade cando estamos conectados a internet, cando estamos na procura de información, argallando en algún programa novo ou lendo blogues,... Podemos estar tardes enteiras case sen decatarnos cos ollos cravados nunha pantalla e os dedos pegados a un teclado. Se isto nos pasa a nós, ¿que lle sucederás aos máis cativos?.

As novas tecnoloxías estánse a constituir coma uns instrumentos fantásticos que facilitan o traballo, o estudo, as relacións sociais (xa sei que hai moitos/as que opinan xusto o contrario pero... aí están as redes sociais para romper ese pensamento) e axudannos a desfrutar máis do noso tempo de lecer.

Nembargantes non podemos deixar que as TIC acaparen todo o noso tempo, e menos o dos nosos rapaces/as. A súa formación veríase sesgada e limitada por falta de outras experiencias so posibles na "vida real", no contacto coa natureza e nas relacións "face to face" (cara a cara).

En moitas ocasións os adultos, non somos quen de organizar un horario de traballo, de estudo e de lecer para os máis pequenos; en definitiva non somos capaces de estructurar as súas actividades de un xeito equitativo e compensado. En ocasións por deixadez, outras por comodidade e outras moitas por complicidade con eles/as, cada vez máis os nenos e nenas pasan demasiadas horas conectados ás TIC en detrimento das horas de sono ou das horas de práctica de deportes, aprendizaxe de instrumentos ou de actividades ao aire libre.

Este software que hoxe presentamos controla o tempo de conexión a internet ou a determinadas páxinas así como o tempo de utilización dos programas que decidamos de forma automática. O ideal sería negociar con eles/as o tempo que lle imos adicar a cada cousa, e unha vez chegados a un acordo establecer un horario para o estudo, para a práctica de deportes,..., e para a utilización do ordenador. Deste xeito faremos partícipes aos máis pequenos/as da organización do seu tempo e respectarano e desfrutran máis del.

SOFTWARE: Internet Security Control
LICENZA: Freeware

No hay comentarios:

Publicar un comentario