![]() |
| (Imaxe extraída de: http://www.iuvalladolid.org/spip.php?article1407) |
...imos a darllos a Bill Gates!
Tedes que disculpar este arrebato pero, é certo!! Por que a Xunta de Galicia vai pagar
case 6 millóns de euros durante tres anos por algo que pode ter de
balde?? Non me acaba de coller na cabeza!!
Con 1'9 millóns de euros ao ano (que
van ir só para licenzas) pódese pagar a moitos informáticos/as que
están sobradamente preparados para reciclar o actual sistema
informático que ten a Xunta, que por certo é anticuado, está
parcheado, e falla máis do que debera.
Por que se empeñan en gastar cartos en
licenzas de software, existindo unha alternativa libre, e ademais,
gratuíta que funciona perfectamente? No meu centro levamos tempo con
Xubuntu instalado en todas as computadoras e, tanto mestres/as coma
rapaces/as traballa a diario con elas sen ningún tipo de problema.
Cal é o problema entón?
Máis info: "La Voz de Galicia"
Máis info: "La Voz de Galicia"

No hay comentarios:
Publicar un comentario