![]() |
| (Imaxen por César Poyatos) |
____________________________________________
¿"Googleácheste" algunha vez?
¿Cal é a túa "reputación online"?
¿Oíches falar da "Netiqueta"?
¿Sabes cal é o poder real das redes?
____________________________________________
Non, non ando a falar dunha lingua morta nin nun dialecto perdido do swahili. Todos estos
conceptos están de actualidade e, día tras día, están
collendo maior importancia na nosa vida. Á hora de
buscar traballo, ingresar nalguna organización, coñecer xente ou,
simplemente na nosa vida cotidiá, o que hai sobre nos na rede pode influir o decantar da balanza cara un lado ou outro.
O concepto de Identidade Dixital é un concepto relativamente novo, xa que xurdiu a raíz
do paso da Web 1.0 á Web 2.0.
![]() |
| (Imagen por Dion Hinchcliffe) |
A Web 1.0, non era moito máis que un "escaparate" no cal uns poucos
subían contidos á rede e outros moitos consumíamos eses
contidos. O paso á Web 2.0 ocasionou unha revolución. os
consumidores pasaron a ser tamén productores de contidos, é dicir, todo o mundo pede subir contidos á rede e consumir
contidos dela.
Todo isto foi un avance
enorme xa que a cantidade de contidos incrementouse exponencialmente pero, tamén levou consigo que todos/as podrían poñer a disposición do mundo calquera cousa.
Cál é o perigo de
todo isto? O maior perigo é que a Rede ten memoria
casi-perpetua. Calquera cousa que se publique hoxe estará á vista
de todos/as, e permanecerá aí “per sécula, seculorum” xa que os servidores (grandes equipos de almacenamento dos datos da
red) non están accesibles ao público e, por motivos de seguridade, acostuman a ser replicados varias veces por si algun falla.
Neste vídeo podemos
ver, claramente, do que estamos a falar.
Penso que é sumamente
importante inculcar ao noso alumnado a importancia que ten o "controlar" as cousas que subimos, e o que suben de nós, á rede. Para elo podemos propoñer tres formas de actuación:
- Establecer uns graos de privacidade correctos nas redes sociais: pechando os nosos perfiles a aquelas persoas que non coñecemos na vida real.
- Ter en conta as normas da Netiqueta, tendo un comportamiento correcto e respetuoso cando estamos na rede cara ao resto dos usuarios
- Realizar unha búsqueda, de vez en cando, en Google (googlearse), para ver que cousas hai publicadas sobre nosotros.


No hay comentarios:
Publicar un comentario