12 ene. 2012

Oíches falar do Mobile-Learning?

Fotografía por: depone

Non?? Pois amarra ben o cinto que collemos velocidade.

Como é ben sabido por todos/as, isto do 'mundo tecnolóxico' leva unha evolución exponencial, vamos, que “corre que se las pela”: non damos aprendido o funcionamento dun aparello e xa está saíndo outro moito mellor e que ademais fai mais cousas.

Ademais xa ninguén pode negar que as TIC están inmersas por completo no sistema educativo, forman parte directa ou indirecta do proceso de ensino-aprendizaxe. E, que quere dicir todo isto?? Pois unha de duas: ou “poñémonos as pilas” ou, os anos que nos quedan ata a xubilación van ser todo un calvario.

O problema é que, non só os mestres e mestras temos que actualizarnos e intentar aprender a mellor forma de aproveitar estas tecnoloxías na nosa aula, senón que tamén as administracións educativas teñen que empezar a pensar que, ou as cousas se fan rápido e ben, ou o demais só é tirar cos cartos.

Aínda non se completou aquel plan, ansiado por algúns/as e odiado por outros/as, de dotación de un ordenador por neno/a no ensino obrigatoria cando, xa a cousa está empezando a tirar por outro camiño: o “mobile-learning” (ensino a través dos Smarthphones ou teléfonos intelixentes).

Que poden aportar estes “miniordenadores” ao ensino, pois ben:

1º O seu tamaño, e a súa funcionalidade comunicativa, fai que os rapaces/as os leven sempre consigo.
2º Teñen un acceso permanente a internet, é dicir, a toda a información que precisen.
3º Aportan múltiples formas de comunicación, entre eles e cos mestres/as: teléfono, sms, mail, chat,...
4º Posúen cámara de fotos e vídeo.
5º Veñen con gravadora de son.
6º Pódese engadir un montón de aplicacións (didácticas ou non): de mapas, brúxula, sistema solar, táboas periódicas, cronómetros, calculadoras científicas, afinadores, metrónomos, axendas, blocks de notas,...
7º Pódense vincular con aplicacións online como: correos electrónicos (gmail, yahoo,...), redes sociais (Facebook, Twitter,...), sistemas de almacenamento (dropbox,...), sistemas de organización do traballo (EverNote,...), axendas,...

A pregunta quizais sería mellor á inversa: Que non poden facer estes trebellos?.

Antes de que nos decatemos, antes de que as administracións terminen de facer a súa dotación de equipos informáticos, antes de que moitos dos nosos compañeiros/as se atrevan a prender un ordenador, todos os nosos alumnos/as terán nas súas mans un “miniordenador” portátil, con conexión permanente á rede de redes e un milleiro de aplicacións que, si sabemos utilizar, poderemos sacarlle moito partido no noso traballo diario: educar.

E repito e reitero, para os/as que non tedes lido nada deste blogue, con isto non estou dicindo que hai que “tirar” con todo o que se estaba a facer ata o de agora, NON, simplemente o que debemos é abrir a escola ao seu contorno, á realidade que viven os rapaces e rapazas e tratar, na medida do posible, de achegar esa realidade á escola para que a percepción destes sexa como un todo, e non: o da escola e da escola e o resto é a nosa vida. Aínda que isto é só unha opinión persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario