2 feb. 2014

O "mundo das presentacións" está cambiando










Dende que apareceron os programas para crear presentacións “zooming”, o software para facer presentacións de diapositivas quedou un pouco en desuso.
Neste vertixinoso e cambiante mundo da información e da comunicación é importante estar ao día, probar as novas tendencias e, quedarnos con aquelas que mellor se adaptan a nosa forma de traballar ou ás necesidades que temos en cada momento.

Levo tempo usando PREZI para achegar aos meus alumnos/as os contidos de un xeito ameno e vistoso e, funciona perfectamente. Trátase de un software gratuíto para crear presentacións zooming, que permite descargalas ao teu equipo unha vez terminadas, compartilas en rede e incluso facer presentacións “en vivo”... O seu interfaz é moi intuitivo e o resultado é moi “profesional”.

Aquí tes un exemplo de presentación en Prezi:


Esta semana, un bo amigo, abriume un novo campo nisto das presentacións: as vídeo-presentacións. Estiven a probar o software POWTOON e, a verdade, e que ten moitas posibilidades. Se aínda non o coñecedes, convídovos a que o fagades. Este programa permíteche crear presentacións en vídeo moi atractivas para os rapaces/as. Ten un banco de imaxes e animacións completiño, e unha opción de pago para incrementar este banco. Ademais permíteche publicar directamente o vídeo creado ou descargalo no teu equipo. Aínda non fixen nada completo pero penso que ten moitas e boas opcións.

Aquí pode ver un exemplo de presentación con Powtoon:

Máis info:
PREZI
POWTOON

No hay comentarios:

Publicar un comentario