23 mar 2018

A necesidade de educar en materia de Redes Sociais

Palabras clave: Internet, Redes Sociais, Identidade Dixital, Netiqueta, Reputación Online, Ciberbullying, Escola 2.0

_________________________________

Sabes o que son as Redes Sociais?

Utilizas algunha asiduamente?

As Redes Sociais son boas ou malas?

_________________________________

As redes sociais tiveron unha grande expansión nos últimos anos ata o punto de que hoxe en día poucas son as persoas do 'mundo desenvolvido' que non utilizan algún tipo de rede social, sexa para estar en contacto cos coñecidos, facer novas amistades, publicitar eventos, estar ao tanto das novas en tempo real ou compartir pensamentos, fotografías, vídeos... É máis, moitos servizos de internet, que nun principio non foron pensados como punto de encontro social, foron modificando os seus espazos para que os usuarios puidesen compartir informacións uns con outros.

Segundo un estudo feito a finais do mes de xaneiro do 2018, un 42% da poboación mundial é usuaria de redes sociais.

  • Facebook xa chega aos 2,167 millóns de usuarios.
  • Youtube ten ao redor de 1,500 millóns de usuarios.
  • Istagram, 800 millóns de ususarios

Que nos di todo isto? Pois que a educación en materia de redes sociais faise, agora mesmo, imprescindible. Moita xente non comprende que todos/as os que estamos inmersos na internet temos unha "identidade virtual" ademais da nosa identidade real, e que tan importante é unha como a outra. Se na nosa vida real non imos contando todas as nosas intimidades pola rúa, por que o facemos en internet?

Se isto sucede con xente "adulta" que bota relativamente pouco tempo ao día neste tipo de redes e que, ademais, se lle presupón unha certa madurez, que pasará cos nosos pequenos/as?. Eles/as pasan moitas horas ao día conectados e, ademais, moitas veces non son conscientes da repercusión que poden ter os seus comentarios, links, fotos ou vídeos.

Esta é outra das razóns que apoian a idea de que a educación en materia de TICs en xeral, e nas redes sociais en particular, é imprescindible para formar cidadáns do Século XXI, propietarios dunha identidade real, pero tamén dunha "identidade virtual".

Conclusión

As redes sociais non son nin boas nin malas, o que é bo ou malo é o uso que se lle da a este tipo de ferramentas. Existen innumerables exemplos de bos e malos usos das redes sociais, fagamos do noso alumnado persoas competentes nesta materia para que podan sacar o maior partido posible destas ferramentas.

Carlos Mariño Pego

16 nov 2016

Oiches falar dos códigos QR?

Seguro que a estas alturas todas e todos sabedes o que son e incluso para que serven. Para os que anden un pouco perdidos dicirvos que os códigos QR son unhas imaxes feitas con píxeles (cadradiños) e que podemos asociar prácicamente ao que queiramos, de tal xeito que cando alguém 'escanee' esa imaxe co seu móbil, automáticamente accederá ao contido que nos asociamos nela.

Moi ben, pero... Como é que se fai todo iso?

Isto que parece tan complicado faise dun xeito rápido e sinxelo que vos explicamos no seguinte vídeo.

E... Para que o podo usar en clase?

Pois para agregar información adicional a murais, carteis, tarxetas...

Que tipo de información?

Podemos asociar un código QR a un arquivo de son, de vídeo, a unha páxina web,..., practicamente ao que queiramos.

Se te animas, aquí vos deixamos o vídeo de como se fai.


7 feb 2016

Realidade Aumentada con AURASMA




Seguro que todos vos escoitastes falar en algunha ocasión da REALIDADE AUMENTADA. No seu día, escribimos un pequeno post para compartir unha presentación de Raúl Reinoso onde explicaba todo este tema dun xeito moi preciso.

Básicamente a realidade aumentada é a combinación entre unha escena real máis un contido dixital que lle da un valor enriquecido a esa realidade.

Hoxe quero compartir con vós un pequeno vídeotitorial para aprender a crear capas de realidade aumentada, de xeito gratuíto, con AURASMA e como velas dende a súa propia APP.

Espero que vos guste e que lle atopedes moitas aplicacións didácticas.

31 ene 2016

Cancións con licenza Creative Commons!

 http://freemusicarchive.org/

En moitas ocasión precisamos de un audio axeitado que acompañe as nosas presentacións, vídeos, pases de diapositivas. A veces sentimos a tentación de obviar a lexislación vixente sobre propiedade intelectual e pensamos en usar unha canción dun grupo coñecido que nos parece a máis adecuada para a ocasión.

Hoxe tráiovos unha web na que atoparedes centos de cancións con licenza Creative Commons, organizadas por temáticas, e que na maioría dos casos só con nomear ao autor/a é suficiente para poder utilizalas, libre e legalmente, en producións audiovisuais sen ánimo de lucro. Que non me cres? Bota unha ollada!

24 ene 2016

Pero... que pasa coa Intelixencia Emocional?

http://habilidadsocial.com/ 

Pois o que pasa é que, con tanta nova e renova e requeterrenova Lei de Educación, Real Decreto, Decreto, Orde,..., estamos a esquecernos dunha das partes máis importantes que debería ter en conta a educación: As Emocións.

Ultimamente os mestres/as e profesores/as, estamos máis centrados en obxectivos, contidos e competencias; programacións, actas e memorias; claustros, titorías e reunións de departamentos,..., que non temos en conta, á hora de levar a cabo a nosa actividade docente, as 'emocións' dos nosos rapaces/as.

Tan importante é, para o seu desenvolvemento intelectual, o traballo de estratexias de razoamento lóxico, o adestramento da memoria, o desenvolvemento de estratexias de aprender a aprender,..., como a comprensión e asimilación das propias emocións e das dos compañeiros/as.

Para traballar este tipo de aspectos podemos botar man dunha gran cantidade de recursos que 'pululan' pola rede. Hoxe achégovos un link directo a outro blogue onde foron quen de recompilar un total de 10 PELÍCULAS moi válidas para ser utilizadas na aula á hora de traballar coas emocións.

Espero que vos preste.





27 abr 2014

Unsplash: escolma de fotos libres de alta calidade

(Imaxe: Jennifer Trovato )

Cantas veces necesitaches unha imaxe para acompañar algunha presentación, vídeo, texto? Esta semana, navegando pola rede, tropecei con este repositorio que, a única pega que se lle pode poñer e que non está ordenado por categorías, pero paga a pena botar dez minutos ollando por una imaxe axeitada.


30 mar 2014

Xornadas EscolaTic 2014 (Santiago de Compostela)



Unha semana despois das Xornadas EscolaTic, celebradas en Santiago de Compostela, aquí vos deixo reflexións ás que cheguei despois de escoitar aos relatores/as e unha recomendación para aqueles/as que anden un pouco perdidos/as neste mundo.

Reflexións:

  1. Queda moito por andar... pero imos por bo camiño.
  2. Temos que preparar aos nosos alumnos/as para unha sociedade en constante transformación.
  3. Os nenos/as aprenden máis producindo contidos que consumíndoos, a era dos PROSUMERS!!!.
  4. O modelo de escola dos s. XIX-XX non serve para a sociedade actual... e moito menos para a futura.
  5. A escola necesita un cambio e as TIC poden ser unha boa ferramenta que nos axude nese cambio.
  6. De nada serven as TIC se non van acompañadas de un cambio na metodoloxía e no xeito de entender a educación.
  7. As TIC son un medio, un recurso educativo máis... non un fin en si mesmas.
  8. Non se trata de tirar co feito ata agora e introducir as TIC con calzador, trátase de integrar as TIC na aula paulatinamente.

Recomendación:

Se non sabes por onde empezar, non teñas reparo en perguntar aos teus achegados/as e colegas; en todos os coles hai algún mestre/a que utiliza as TIC para facilitar o seu traballo e axudar aos seus alumnos/as no proceso de ensino-aprendizaxe. Recorda que a rede é o maior claustro do mundo, fai un perfil en Twitter, empeza a seguir a "profes TIC" e entérate, en tempo real, do que se está cocendo en materia de TICs.


2 mar 2014

Coñeces a túa Identidade Dixital?

(Imaxen por César Poyatos)

____________________________________________

¿"Googleácheste" algunha vez?
¿Cal é a túa "reputación online"?
¿Oíches falar da "Netiqueta"?
¿Sabes cal é o poder real das redes?

____________________________________________


Non, non ando a falar dunha lingua morta nin nun dialecto perdido do swahili. Todos estos conceptos están de actualidade e, día tras día, están collendo maior importancia na nosa vida. Á hora de buscar traballo, ingresar nalguna organización, coñecer xente ou, simplemente na nosa vida cotidiá, o que hai sobre nos na rede pode influir o decantar da balanza cara un lado ou outro.

O concepto de Identidade Dixital é un concepto relativamente novo, xa que xurdiu a raíz do paso da Web 1.0 á Web 2.0.

(Imagen por Dion Hinchcliffe)

A Web 1.0, non era moito máis que un "escaparate" no cal uns poucos subían contidos á rede e outros moitos consumíamos eses contidos. O paso á Web 2.0 ocasionou unha revolución. os consumidores pasaron a ser tamén productores de contidos, é dicir, todo o mundo pede subir contidos á rede e consumir contidos dela.

Todo isto foi un avance enorme xa que a cantidade de contidos incrementouse exponencialmente pero, tamén levou consigo que todos/as podrían poñer a disposición do mundo calquera cousa.

Cál é o perigo de todo isto? O maior perigo é que a Rede ten memoria casi-perpetua. Calquera cousa que se publique hoxe estará á vista de todos/as, e permanecerá aí “per sécula, seculorum” xa que os servidores (grandes equipos de almacenamento dos datos da red) non están accesibles ao público e, por motivos de seguridade, acostuman a ser replicados varias veces por si algun falla.

Neste vídeo podemos ver, claramente, do que estamos a falar.



Penso que é sumamente importante inculcar ao noso alumnado a importancia que ten o "controlar" as cousas que subimos, e o que suben de nós, á rede. Para elo podemos propoñer tres formas de actuación:
  • Establecer uns graos de privacidade correctos nas redes sociais: pechando os nosos perfiles a aquelas persoas que non coñecemos na vida real.
  • Ter en conta as normas da Netiqueta, tendo un comportamiento correcto e respetuoso cando estamos na rede cara ao resto dos usuarios
  • Realizar unha búsqueda, de vez en cando, en Google (googlearse), para ver que cousas hai publicadas sobre nosotros.
Todas estas son recomendaciones fundamentales para evitar situacións embarazosas nun futuro.

11 feb 2014

Gosta de internet con seguridade!

(Imaxen por RudolfSimon)

____________________________________________

¿Coñeces personalmente a todas as personas coas que chateas?
¿Falaches alguna vez en persoa con todos os teus amigos de tuenti ou facebook?
¿Sabes quen son esas persoas coas que pasas o tu tiempo libre na rede?
¿Coñeces a aqueles cos que xogas online?

____________________________________________


Estas preguntas deberíamos facerllas, de cando en vez, aos menores que están ao noso cargo xa que, como todos sabemos, internet non é máis que o reflexo da vida real e, como “na vida mesma”, hai xente que está na procura dos máis débiles, despistados, xóvenes, ancianos,..., para aproveitarse deles/as.

Por iso é tan importante que o noso alumnado teña en conta unha serie de consellos para que, o uso de internet, sexa sempre satisfactorio e non se convierta nunha situación traumática por culpa do: Ciberbullying, Grooming, Sexting e Usurpación de la Identidad.
  • O Ciberbullying ven sendo como o acoso pero no ciberespacio.
  • O Grooming son as maniobras que levan a cabo algúns adultos malintencionados, para gañarse a confianza de algún menor e conseguir algo de eles.
  • O Sexting pódese definir como o envío de contidos de tipo sexual a través da red ou dos móbiles.
  • A Usurpación da identidade, refírese a que alguén se fai pasar por ti na rede con malas intencións.
Mergullándome pola rede, atopei un par de vídeos moi interesantes que nos poden servir para facer ver ao noso alumnado os perigos da rede e, que cousas deben facer para evitalos.

O primeiro vídeo está protagonizado por Phineas & Ferb (coñecidos polos máis pequenos) e estaría orientado precisamente á educación primaria. Nel resúmese, de forma amena, unha serie de consellos moi útiles para que rapaces/as poidan navegar pola rede con toda seguridade. É importante sinalar que tanto a montaje, como os contidos e a linguaxe utilizada no mesmo é totalmente accesible para as idades máis tempranas.




O segundo vídeo céntrase máis no Grooming y está orientado ao 3º Ciclo de Educación Primaria e á Educación Secundaria Obrigatoria. Nel os nosos alumnos/as poderán ver, de forma clara e sinxela, o perigo que pode conlevar o relacionarse por internet con personas que non coñeces na vida real e o compartir información privada, propia e/ou de familiares, a terceiras persoas. Hai que pensar que este tipo de persoas que minten no seu nome, idade, sexo, ocupación, etc..., para acadar “camelarse” a un menor non están procurando nada bo.





2 feb 2014

O "mundo das presentacións" está cambiando










Dende que apareceron os programas para crear presentacións “zooming”, o software para facer presentacións de diapositivas quedou un pouco en desuso.
Neste vertixinoso e cambiante mundo da información e da comunicación é importante estar ao día, probar as novas tendencias e, quedarnos con aquelas que mellor se adaptan a nosa forma de traballar ou ás necesidades que temos en cada momento.

Levo tempo usando PREZI para achegar aos meus alumnos/as os contidos de un xeito ameno e vistoso e, funciona perfectamente. Trátase de un software gratuíto para crear presentacións zooming, que permite descargalas ao teu equipo unha vez terminadas, compartilas en rede e incluso facer presentacións “en vivo”... O seu interfaz é moi intuitivo e o resultado é moi “profesional”.

Aquí tes un exemplo de presentación en Prezi:


Esta semana, un bo amigo, abriume un novo campo nisto das presentacións: as vídeo-presentacións. Estiven a probar o software POWTOON e, a verdade, e que ten moitas posibilidades. Se aínda non o coñecedes, convídovos a que o fagades. Este programa permíteche crear presentacións en vídeo moi atractivas para os rapaces/as. Ten un banco de imaxes e animacións completiño, e unha opción de pago para incrementar este banco. Ademais permíteche publicar directamente o vídeo creado ou descargalo no teu equipo. Aínda non fixen nada completo pero penso que ten moitas e boas opcións.

Aquí pode ver un exemplo de presentación con Powtoon:

Máis info:
PREZI
POWTOON

19 feb 2013

Como nos sobran os cartos...

(Imaxe extraída de: http://www.iuvalladolid.org/spip.php?article1407)

...imos a darllos a Bill Gates!

Tedes que disculpar este arrebato pero, é certo!! Por que a Xunta de Galicia vai pagar case 6 millóns de euros durante tres anos por algo que pode ter de balde?? Non me acaba de coller na cabeza!!

Con 1'9 millóns de euros ao ano (que van ir só para licenzas) pódese pagar a moitos informáticos/as que están sobradamente preparados para reciclar o actual sistema informático que ten a Xunta, que por certo é anticuado, está parcheado, e falla máis do que debera.

Por que se empeñan en gastar cartos en licenzas de software, existindo unha alternativa libre, e ademais, gratuíta que funciona perfectamente? No meu centro levamos tempo con Xubuntu instalado en todas as computadoras e, tanto mestres/as coma rapaces/as traballa a diario con elas sen ningún tipo de problema. Cal é o problema entón?

Máis info: "La Voz de Galicia"

9 oct 2012

APPs con posibilidades educativas

Hoxe quérovos presentar unha serie de aplicacións para dispositivos móbiles coas cales podemos facer máis ameno a noso proceso de ensino-aprendizaxe. Trátase de aplicacións gratuítas que serven para facer, dun xeito doado, a técnica “Stop-motion”.

Stop-motion” ven sendo unha técnica para facer animacións mediante fotografías. Nas primeiras idades da educación poderíamos utilizalo para presentarlle contidos dunha forma diferente aos rapaces/as, mentres que nas etapas superiores (terceiro ciclo de primaria e toda a educación secundaria), poderíamos convidar aos nosos alumnos/as a que presenten o resultado de algún dos traballos con esta técnica.


Ademais do aspecto altamente motivante para eles/as, estaremos achegando a escola á súa realidade cotiá, estaremos fomentando a súa capacidade creativa e investigadora, así como contribuíndo na consecución das competencias dixital, aprender a aprender e iniciativa persoal.
Convídovos a que o provedes!

30 sept 2012

Realidade Aumentada

Sabes algo da Realidade Aumentada? Pois prepárate porque xa está aquí.
A Realidade Aumentada (AR) é a combinación entre unha escena real máis un contido dixital que lle da un valor enriquecido a esa realidade.
Ten aplicacións na educación? Iso depende de nós, os mestres e mestras do século XXI.

8 may 2012

O futuro xa está aquí!





Si este é o futuro inmediato que lles espera aos nosos alumnos/as no mundo laboral, ¿como pode seguir a escola amarrada ao século XX? Suponse que temos que formar persoas "competentes" para que se desenvolvan con firmeza na súa vida cotiá e no seu traballo. ¿Non vai sendo hora de que fagamos un esforzo por actualizarnos, por adaptarnos ás tecnoloxías que veñen?
Como xa se comentou algunha vez neste blogue, non se trata de facer un 'borrón en conta nova', de queimar todos os libros, fichas e lapis e substituílos por aparellos electrónicos, pero tampouco se trata de 'pecharse en banda' ás tecnoloxías emerxentes.
Fagámoslle un sitio na nosa práctica educativa as TIC antes de que sexa demasiado tarde!

22 ene 2012

O Cómic: unha boa ferramenta educativa

Hoxe preséntovos varias webs que nos permiten facer de xeito doado cómics moi vistosos. Algunhas son moi sinxelas, polo que incluso poderíamos pedirlle aos rapaces que deixaran voar a súa imaxinación para crear, eles mesmos, tiras de cómics relacionadas con algún tema que nos interese.

Outras son máis complexas, quizais demasiado para rapaces e rapazas de Educación Primaria, pero acadan un resultado moito máis perfeccionado.

A utilidade educativa destas ferramentas non teñen límites: traballo de calquera tipo de contido, resumo dos aspectos máis importantes de un tema, traballo de varias das competencias básicas, fomento de actitudes, valores, normas,... e todo isto de xeito ameno, divertido e creativo.


www.pixton.com 
www.toondoo.com 
stripgenerator.com
www.makebeliefscomix.com 
www.artisancam.org.uk

12 ene 2012

Oíches falar do Mobile-Learning?

Fotografía por: depone

Non?? Pois amarra ben o cinto que collemos velocidade.

Como é ben sabido por todos/as, isto do 'mundo tecnolóxico' leva unha evolución exponencial, vamos, que “corre que se las pela”: non damos aprendido o funcionamento dun aparello e xa está saíndo outro moito mellor e que ademais fai mais cousas.

Ademais xa ninguén pode negar que as TIC están inmersas por completo no sistema educativo, forman parte directa ou indirecta do proceso de ensino-aprendizaxe. E, que quere dicir todo isto?? Pois unha de duas: ou “poñémonos as pilas” ou, os anos que nos quedan ata a xubilación van ser todo un calvario.

O problema é que, non só os mestres e mestras temos que actualizarnos e intentar aprender a mellor forma de aproveitar estas tecnoloxías na nosa aula, senón que tamén as administracións educativas teñen que empezar a pensar que, ou as cousas se fan rápido e ben, ou o demais só é tirar cos cartos.

Aínda non se completou aquel plan, ansiado por algúns/as e odiado por outros/as, de dotación de un ordenador por neno/a no ensino obrigatoria cando, xa a cousa está empezando a tirar por outro camiño: o “mobile-learning” (ensino a través dos Smarthphones ou teléfonos intelixentes).

Que poden aportar estes “miniordenadores” ao ensino, pois ben:

1º O seu tamaño, e a súa funcionalidade comunicativa, fai que os rapaces/as os leven sempre consigo.
2º Teñen un acceso permanente a internet, é dicir, a toda a información que precisen.
3º Aportan múltiples formas de comunicación, entre eles e cos mestres/as: teléfono, sms, mail, chat,...
4º Posúen cámara de fotos e vídeo.
5º Veñen con gravadora de son.
6º Pódese engadir un montón de aplicacións (didácticas ou non): de mapas, brúxula, sistema solar, táboas periódicas, cronómetros, calculadoras científicas, afinadores, metrónomos, axendas, blocks de notas,...
7º Pódense vincular con aplicacións online como: correos electrónicos (gmail, yahoo,...), redes sociais (Facebook, Twitter,...), sistemas de almacenamento (dropbox,...), sistemas de organización do traballo (EverNote,...), axendas,...

A pregunta quizais sería mellor á inversa: Que non poden facer estes trebellos?.

Antes de que nos decatemos, antes de que as administracións terminen de facer a súa dotación de equipos informáticos, antes de que moitos dos nosos compañeiros/as se atrevan a prender un ordenador, todos os nosos alumnos/as terán nas súas mans un “miniordenador” portátil, con conexión permanente á rede de redes e un milleiro de aplicacións que, si sabemos utilizar, poderemos sacarlle moito partido no noso traballo diario: educar.

E repito e reitero, para os/as que non tedes lido nada deste blogue, con isto non estou dicindo que hai que “tirar” con todo o que se estaba a facer ata o de agora, NON, simplemente o que debemos é abrir a escola ao seu contorno, á realidade que viven os rapaces e rapazas e tratar, na medida do posible, de achegar esa realidade á escola para que a percepción destes sexa como un todo, e non: o da escola e da escola e o resto é a nosa vida. Aínda que isto é só unha opinión persoal.

10 ene 2012

Londres, referente en comunicacións!!


Hai menos de unha semana que a operadora de telefónica O2, anunciou que vai a comezar a instalar en Londres, a maior rede WIFI gratuita de Europa.

Estaría ben que os resto dos gobernos seguiran este exemplo pero, coa que está a caer vese algo moi complicado.

26 nov 2011

Cen ferramentas dixitais para docentes

(Fotografía por: Por rahego)
Navegando pola rede atopei este artigo nun blogue que recolle cen aplicacións que poden ser de boa utilidade para os mestres/as do século XXI.

FONTE: www.entreclick.com
AUTORA: @Grimonti

Para acceder ao artigo podes facer <clic> aquí.

17 sept 2011

Controlar o tempo "na nube"

Imaxen por CyberHades

O tempo pasa a outra velocidade cando estamos conectados a internet, cando estamos na procura de información, argallando en algún programa novo ou lendo blogues,... Podemos estar tardes enteiras case sen decatarnos cos ollos cravados nunha pantalla e os dedos pegados a un teclado. Se isto nos pasa a nós, ¿que lle sucederás aos máis cativos?.

As novas tecnoloxías estánse a constituir coma uns instrumentos fantásticos que facilitan o traballo, o estudo, as relacións sociais (xa sei que hai moitos/as que opinan xusto o contrario pero... aí están as redes sociais para romper ese pensamento) e axudannos a desfrutar máis do noso tempo de lecer.

Nembargantes non podemos deixar que as TIC acaparen todo o noso tempo, e menos o dos nosos rapaces/as. A súa formación veríase sesgada e limitada por falta de outras experiencias so posibles na "vida real", no contacto coa natureza e nas relacións "face to face" (cara a cara).

En moitas ocasións os adultos, non somos quen de organizar un horario de traballo, de estudo e de lecer para os máis pequenos; en definitiva non somos capaces de estructurar as súas actividades de un xeito equitativo e compensado. En ocasións por deixadez, outras por comodidade e outras moitas por complicidade con eles/as, cada vez máis os nenos e nenas pasan demasiadas horas conectados ás TIC en detrimento das horas de sono ou das horas de práctica de deportes, aprendizaxe de instrumentos ou de actividades ao aire libre.

Este software que hoxe presentamos controla o tempo de conexión a internet ou a determinadas páxinas así como o tempo de utilización dos programas que decidamos de forma automática. O ideal sería negociar con eles/as o tempo que lle imos adicar a cada cousa, e unha vez chegados a un acordo establecer un horario para o estudo, para a práctica de deportes,..., e para a utilización do ordenador. Deste xeito faremos partícipes aos máis pequenos/as da organización do seu tempo e respectarano e desfrutran máis del.

SOFTWARE: Internet Security Control
LICENZA: Freeware