15 feb. 2011

Atentado ao desenvolvemento TIC en Educación

A Consellería d'Educació de la Generalitat de Catalunya detén a implantación das TIC nas aulas, tal e como sinalan varios xornais.

Parece ser que a Conselleira de Educación acaba de anunciar nunha rolda de prensa que, debido á situación económica que atravesa a comunidade, unha das medidas tomadas para recortar o gasto público será, como non, recortes en Educación.

Agora que parecía que podíamos recuperar o tempo perdido e que a escola ía ser quen de poñerse á altura dunha sociedade do século XXI,. Agora que moitos mestres e mestras comezaban a concienciarse da necesidade de "cambiar o chip", de introducir as TICs na escola, non só como contido senon tamén como medio de aprendizaxe e de adquisición dos obxectivos e competencias do currículo, Precisamente agora, os máis indefensos neste sistema capitalista no que vivimos, os que menos culpa teñen da situación económica que atravesa o país, aqueles nos que depositamos todas as esperanzas para poder saír airosos dunha situación tan complicada como a que estamos a atravesar, son os que van pagar os pratos esnaquizados.... os nenos e nenas, alumnos e alumnas de hoxe que son o futuro de mañán.

Tan só esperamos que este sexa un caso illado, dunha comunidade en concreto, e que non pase á historia da educación como a primeira peza de dominó en caer.

O artigo de educaweb.com.
Outro artigo en adn.es.
Artículo en El País.

2 comentarios:

  1. Tu capacidad para sorprender es pasmosa ¡Es increíble!
    Tienes una nueva lectora y la primera seguidora. Un beso

    ResponderEliminar
  2. A ti si que non se che escapa unha!! Graciñas por seguir esta "bitácora", a verdade e que a empecei como unha práctica máis do curso de TICs que fixen antes de Nadal en Carballo pero... penso que vou continuar con él moito tempo porque, en materia de TICs en Educación, aínda queda moito por avanzar.
    Novamente, Grazas!

    ResponderEliminar