1 mar. 2011

Internet: ¿Anxo ou Demo?

O cardenal de Madrid, Antonio María Rouco Varela, teno moi claro e así o fixo saber esta semana co seu discurso inaugural da asamblea xeral do episcopado.

A verdade e que, vindo de quen ven, non nos sorprende. Que a Igrexa de por si é unha institución conservadora, non é ningún segredo; e que na Igrexa existen diferentes correntes que van dende as máis conservadoras ás máis modernas, tampouco é algo que non sexa coñecido pola sociedade. Pois ben, este individuo debeu quedar amarrado ao século XIX porque, de non ser asía, non faría declaracións públicas como as que recolle o diario "El Mundo": 

"...Reconquistar para Dios a la juventud, a la familia, a la escuela y a la parroquia. Y, para eso, si es preciso, hacer frente a sus principales enemigos: el Estado y la cultura moderna."


Aquí tedes parte do discurso, onde ao redor do minuto oito, podedes escoitar o que pensa este señor da rede, de internet, das redes sociais (aínda que o mesmo Papa ten un Facebook), e imaxino que estenderña eses pensamentos a todo o que teña que ver co Século XXI.


No hay comentarios:

Publicar un comentario